Antón Fente, membro de ‘Por Chantada’ – IGV e concelleiro desta formación na localidade lucense aborda nesta entrevista no Galicia Confidencial cales son as motivacións e os obxectivos detrás do Manifesto Agora Galicia, onde varias forzas locais fan un chamado á unidade de grupos políticos locais fronte aos grandes partidos. Dar voz á veciñanza, recuperar o espírito de irmandade, ser partidos máis próximos á xente e ofrecer novas vías de facer política, son algúns dos puntos que Antom Fente asume como propios de Agora Galicia.
“Este proxecto nace dunha diagnose común sobre a situación da política local. Entendemos que as candidaturas veciñais xurdidas de abaixo cara arriba e representan o sentir da veciñanza estaban orfas de conseguir músculo fronte á comunicación social e as grandes forzas políticas que parecen fagocitar todo. Descubrimos que hai unha gran crise de representación con discursos que só benefician o avance do bulo e do odio que igualan a todos os políticos negativamente e outros discursos que fan ver unha orfandade de representación. Estamos diante dun momento social moi delicado onde conquistas sociais que parecían sólidas se están evaporando e, por tanto, parece haber unha situación de emerxencia.”
Le a entrevista completa aquí.