Do convencemento de que o fin último das políticas públicas é mellorar a vida das persoas e de que non hai mellor nin máis lexítima factoría de políticas públicas ca a comunidade, xorde esta nova proposta:
I Xornadas da Comunidade, de Por Chantada.
– Un espazo que procuraremos desenvolver anualmente sobre eixos temáticos relevantes para o noso concello e que nesta primeira edición xirará darredor da cuestión migratoria e das urxentes problemáticas que atinxen ás nosas veciñas e veciños migrantes.
– Buscamos, por unha banda, xerar espazos de construción social e conxunción de toda a comunidade; e por outra, facer fronte ás dinámicas racistas e xenófobas que dificultan aínda máis as vidas da veciñanza de procedencia estranxeira.
– Farémolo dando altofalante ás voces da academia e do traballo técnico; e tamén ás da experiencia migrante (de quen tivo que vir e de quen tivo que marchar). Dando tempo e espazo aos relatos da convivencia, neste novo recurso para o ben común.
Porque o coñecemento compartido é sempre empoderante
e a desinformación só desempodera mediante o medo.
Agardámosvos!!
28/02/26 Círculo Recreativo Cultural (1º andar)
Programa:

