Xornada-taller: COMUNICACIÓN para o cambio político.
14 de marzo de 2026.
Agora Galicia e Interior Galego Vivo organizamos este taller intensivo para traballar oratoria, habilidades comunicativas e xeitos de trasladar a mensaxe do cambio político e social.
Axudar a trasladar o noso programa e discurso dun xeito comprensible e con impacto é o obxectivo desta xornada, que está dirixida a persoas das candidaturas municipalistas galegas, mais tamén aberta a calquera militante da transformación social, de movementos políticos e sociais galegos interesados.
Será unha xornada teórica pero, sobre todo, prática e participativa.
A xornada está sufragada por Agroma Sober-Interior Galego Vivo, sendo gratuíta para integrantes de candidaturas de Agora Galicia, así como para persoas de movementos sociais, e cun custo simbólico de 10 € por persoa para o resto.
É imprescindible inscribirse na ligazón: INSCRICIÓN.
O prezo do xantar será entre 25 e 28 €, en función das persoas participantes, e poderase escoller opcións diversas.
PROGRAMA
10 h – Café, recollida de materiais, saúdos.
10:30 h – Xornada de mañá.
15 h – Xantar.
16:45 h – Xornada de tarde.
Poñente: José V. Barcia Magaz.
José Vicente Barcia Magaz é xornalista experto en comunicación política. Foi director do departamento de prensa de Ecoloxistas en Acción e forma parte da cooperativa Ecooo, na que dirixiu o departamento de comunicación. Foi xefe de Gabinete da Alcaldía de Cádiz e xefe do Gabinete da vicepresidenta Terceira do Congreso, así como uns meses asesor no Ministerio de Ciencia e Innovación. Impartiu asemade asesorías e talleres a relevantes figuras e forzas políticas de esquerda de primeiro nivel.
Actualmente coordina o proxecto Guardabosques de Ecooo, radicado en Sober, e colabora no eido da comunicación con esta cooperativa.
Ten publicados múltiples libros de ficción e ensaio e destaca o seu coñecemento no eido da enerxía e a ecoloxía.
+ info
